Un lenzo de níveo tul debuxou o carreiro no xaneiro invernal. Soedade e silencio baixo as copas e as folerpas esfarrapadas. Friaxe no camiño e na paisaxe. Unha capa de abandono deixou o antigo camiño real ignorado e en desuso.
As imaxes corresponden a un treito de menos de 200 metros do antigo camiño medieval que unía Ventosa e Agolada. Procedía do Ribeiro, pasaba por O Reino, A Gouxa, Pena de Francia, Alemparte, Pedroso e Axiaz. É o único tramo que se conserva case intacto. Está nas inmediacións da Ponte Pedriña.
Pero, á que indo por eses camiños síntese unha enerxía especial?
ResponderEliminar(A ver se vai ser da miñas botas de monte, pero eu cando transito por esas veredas...percibo emocións intensas)
Gua que chulada, eu pasaríame horas e horas en paisaxes coma eles. BICOS.
ResponderEliminar