Certo é que cada día encontro algo distinto. Hoxe aledoume ver os barrotes de madeira pechando os ocos das ventás dos pendellos-comedor. Gustoume como queda, aínda sen rematar.
Nesta outra imaxe vémolos polo interior.
De paso tamén me detiven a ver como medran as follas dos carballos. Por non ser menos intelixente que o do dito: "este ve medrar as herbas". Un paxaro non identificado saudoume cun canto profesional.
Estes son os pendellos-expositores do século XXI, restaurados, limpos, dotados de enchufes, auga e o que faga falta.
A ver se isto anima a todos a empurrar nunha única dirección ata ver todo o conxunto no seu esplendor.
Que Marabilla!!, a verdade iso está feito con gusto, eu non fago noxo dalgunhas cousas que denotan certa modernidade, por exemplo os tubos de cobre, pero tamén se poden tapar con canle de pedra, que máis da, o importante é que o recordo do antigo e dos devanceiros queda en bo estado para os que o día de mañá vos agradecerán os coidados e o respecto do pasado facendo un presente para que o vexan e coiden os futuros. Que bonito debe ser estar a mirar para os Pendellos e escoitar un paxaro nun carballo requintando unha melodía nunca escoitada e irrepetible, penso que é un premio para a vista, outro para o oído, a bo seguro que das aromas de verde renacente daría boa conta o carballo, podendo tocar con agarimo esas madeiras e pedras cheas de historia, só faltaría satisfacer un sentido que é o encargado de saborear un bo viño tinto galego. Felicidades. Desde o Pico Sacro.
ResponderEliminarSeguramente todo isto que ves faiche levantar ese estado de ánimo do que falabas.
ResponderEliminarA restauración sí que está a coller boa pinta. Todo un luxo velos así, comparado con como estaban antes.
A ver se aprenden noutros sitios.
Pasarei a velos esta fin de semán senón chove moito, pero mollados tamén teñen o seu aquel.
ResponderEliminarXa me vou facendo idea da festaza que ides artellar para a "presentación en sociedade" desta restauración.
ResponderEliminarPois si que haberá que pasarse a ver como é que vai a restauración, polas fotos promete ben. Topei o blog por vieiros e pasareino a visitar de cando en cando a partir de agora. Marabilloso poder ter novas da terra materna dende a distancia relativa que é vivir no Morrazo. Saudiña dun gaiteiro criado de a cabalo entre A Xiaz (Ventosa) e O Morrazo.
ResponderEliminarSaúdos a todos os que aquí comentades. Hoxe doulle a benvida a Quempallou, a Guillerme Ignacio, que nos visitara coa súa nai e demais veciños de Bueu vai xa para dous anos e pico. Coñecémonos aquel día. Sigo a túa traxectoria musical e, curiosidades do azar, aínda onte te escoitei en Youtube coa canción "Coa lingua de fóra". Se non é moito pedir, algún día terás que compoñer algo especial para a terra das túas raiceiras maternas e que leve o nome de Ventosa, de Axiaz, do Turubelo, do Coto Cornellal, do Farelo... do que ti mellor consideres. Sentiriámonos moi agasallados.
ResponderEliminarMoitas apertas.
Que ben queda! O fotógrafo tamén ten algo que ver nesta bondade, heheh! Demostraches grande mestría.
ResponderEliminarEses barrotes de madeira son moi propios das palleiras da zona (e xa non quedan moitas).
Gústame esa porta; moderna, pero que lle acai moi ben. Modernidade e tradición ben aparelladas.
Unha apreta
Tes un agasallo e unha encoemnda aquí http://terrasdefriol.blogspot.com/
ResponderEliminarFelicidades
Somos Rodrigo e Adrián de 2º C, felicitamolo polo blog e pasese polo noso, un saudo.
ResponderEliminarFantástico blog. Compartimos intereses. Faire unha ligazóns desde INICIARTE. Saúdos.
ResponderEliminar