2 de maio de 2009

MOMENTOS DE EVASIÓN NOS ANOS 60

Na transición das lareiras ás cociñas actuais xurdiron as cociñas de fundición, tamén coñecidas como cociñas económicas, denominación que supoño que se debería ao aforro de leña respecto das ancestrais lareiras. En moitas casas convivían as dúas: a lareira e a Orbegozo ou Lacunza. Na miña casa houbo durante moitos anos unha Orbegozo nº 9, substituída por outra máis moderna nunha reforma de hai dezaseis anos. Foi a calefacción dos invernos, o cerne do fogar.
Nos bares e cantinas, a cociña era un espazo entrañable, aberto ao público, o lugar máis apetecido dos clientes de confianza, por mor da temperatura e da intimidade. Alí bulían as bromas e as confidencias. A vida latía entre gargalladas, cafés e subastados.
Ás veces estaba alí Manuel Buján (Magar) para dar fe do momento. Velaí, un fotografo actuando de notario dos momentos felices dunha vila.
Unha despedida de solteiro, un aniversario eran momentos importantes, pero non facía falla un motivo moi especial para reunirse, sempre coas privacións propias daquela época.
Mirando estas fotos, recollidas en varios arquivos locais, un advirte a alegría sana e a camaradería dun tempo que añoramos porque sabemos que non voltará.

2 comentarios:

  1. Pero cando a esas cociñas lles daba por non "tirar"...pufff.
    Cando a puxeron na casa dos meus avós, un tio meu dixo que él xa non picaba nunca máis a leña, xa que a consideraba moi señorita; pois había que facerlle "rachiños".

    Apertas dende este lado do Farelo

    ResponderEliminar
  2. Tempos de poucos cartos e moitas ilusións, cando se facían os botellóns de viño do ribeiro e bocadillos de "Revilla" e sardiñas de "La puebla del Caramiñal" e ao rematar a fame e a sede, unhos chopiños de augardente do Ulla, e de non habela de augardente da burra ou de Ribeira con café. As cociñas "económicas", se lle abres o tiro non tanto, foron o signo de modernidade de finais dos corenta e cincuenta, as mellores das feitas en Galicia/za eran as de, ata hai pouco desaparecida, Manuel Malingre Fundición Ourense. Canto desexei a finais dos sesenta e primeiros dos setenta ir a "La Moderna" Agolada, pero agora víngome no tempo e axexo tódolos días pola fiestra de Aquan Latam e vou cando quero. Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar