E como paradoxa desta saída, sirva que fun para comprobar que un cruceiro non caera e volvín coa nova do cruceiro de Carderón, que xacera no chan durante anos, e que agora ergueron novamente. Este último cruceiro, lembranza dunha misión, ten menos valor que o que aparenta a simple vista: foi feito con formigón e leva incrustada unha cruz de mármore branco con inscrición da misión franciscana dos anos 60.
Mágoa que os esforzos realizados en Carderón non se estendan tamén a Talladente antes de que caia.
A resistencia dos fustes pétreos ás embesteduras de eolo resultan ás veces ben difíciles de entender; sobre todo no caso dos cruceiros.
ResponderEliminarCando fai uns anos houbera unha sucesión de terremotos polo noso país (con epicentros na zona de Sarria-Triacastela-Samos), eu sempre temín polo cruceiro de Alvidrón (a terra tira). E aos días seguintes sempre fun ver del. E alí estaba, como se con él non fose a cousa...
Apertas
Moitas grazas por votar un vistazo no noso BLOG-.Encantanos o seu BLOG.
ResponderEliminar