Onte entérabame pola prensa da decisión última do Ministerio de Fomento sobre o trazado da autovía Lugo-Santiago no tramo de Arzúa a Palas de Rei. É o que aparece na imaxe. Paréceme unha decisión xusta con Melide e acertada na elección das opcións que se barallaban como alternativas ao primeiro proxecto, que pasaba por unha esquina do concello de Agolada.O localismo imperante nesta nosa Galicia do minifundio fai que cada poboación trate de arrimarlle a brasa á súa sardiña. Lalín, Agolada, Vila de Cruces e Santiso (quizais tamén Antas de Ulla) apuntábanse á primeira decisión de Fomento. Melide loitou razoablemente por que pasase máis preto desta vila puxante e emprendedora. O espazo natural da Serra do Careón e o Camiño de Santiago eran "obstáculos" que había que salvar. Se este novo trazado satisfai todos os condicionantes anteriores, benvido sexa. Desde a miña óptica aqualatense véxoo impecable por máis que se alonxe case oito quilómetros a maiores dos oito anteriores. Podemos dicir que algún día teremos unha autovía que nos sitúe na xeografía a só dezaseis quilómetros, comunicada por unha estrada tipo Redia con tráfico fluído e un trazado que evita as poboacións. Máis que asumible. Quizais o erro estivo en darnos un caramelo primeiramente e agora a alguén lle amargue compartilo. Se ao principio nos presentasen este trazado ninguén se sentiría incomodado polas decisión primeiras, nin polas posteriores. Mesmo o xulgaríamos altamente positivo.
Conclusión: Quen toma decisións deste calibre debe sopesar moi ben os pros e os contras e as reaccións sociais. Isto supuxo perda de tempo, esforzos inútiles e desgustos varios. Por favor, máis sentidiño.
Paréceme acertado, estou seguro que Lalín-Agolada-Melide estarán unidas no futuro por unha autovía, con boas incorporacións de Vila de Cruces e de Santiso. Espero que sexa antes de que estes concellos queden baleiros de xente. Desde o Pico Sacro.
ResponderEliminarÉ importante artellar unha boas vías de comunicación para as terras da sempre esquencida Galiza do interior. Hai que aproveitar o tirón de Pepiño e esperar que os outros ministros galegos e non galegos, restauren esa grande débeda pouco menos que histórica con Galiza.
ResponderEliminarTamén, postos a pedir, non sobraría unha boa conexión a internet para os povos do interior, digoo para que A CHOUSA DA ALCANDRA poida ver os videos que lle envío, jaja
E Manoliño, esperando verte pronto, unha aperta desas de sobreira.
Paco Penas for President!!
ResponderEliminar(Aquí o que non arrima a sardiña ó lume...ten que arrimar o lume á sardiña. Non facer nada supón comela crúa, e a min pouco me chista nese estado.
Seguro que o trazado da autovía ha ser caralludo cando a teñamos)