Hoxe celebrouse no Teatro Principal de Santiago unha homenaxe a Don Avelino Pousa Antelo, amigo e mestre entrañable. Coa presentación da biografía dos seus espléndidos 95 anos de enerxía e compromiso con Galicia. Canto me houbese gustado estar alí para testemuñarlle a miña obriga e amizade. Pero non me foi posible. No seu defecto déixolle aquí prendida nesta páxina unha aperta e a miña admiración.
Moi inspirador. Gustoume moito o video. Ese home non andaba polos pendellos en tenis? Jaja. Bicos da tua filla.
ResponderEliminarUnha bonita homenaxe a don Avelino alcumado "Lucho do peto", el sempre achegado ao campo Galego. A túa mellor homenaxe é o lazamento a W.W.W. do teu recordo, desde a Agolada; home Galeguista práctico e non dogmático, isto fai que tódos o admiremos. Desde o Pico Sacro
ResponderEliminarComo se di máis arriba, ti non poideches estar alí, pero deixaches testemuña traendo o recoñecemento a este teu blog, do que bebemos moitos e facéndonos así partícipes tamén.
ResponderEliminarApertas