Xa teño escrito neste caderno sobre a rodaxe que a TVG fixera en Agolada da serie "Historias de Galicia". Rodaron en dúas ocasións. No vídeo desta entrada, sobre "A Revolta Irmandiña" aparecen dúas escenas filmadas no antigo mercado de Os Pendellos, entre os minutos (0:48 - 1:29) e (2:37 - 3:17). Como curiosidade para os conveciños de Agolada, observade a escena inicial onde figura Argimiro Borrajo (O Naveiro), veciño da vila, ataviado con capa morada e tirando dun cabalo. Aparece igualmente vestido nas escenas posteriores. Pepe de Fernandiño de Bidueiros séntase á dereita de Argimiro na escena rodada baixo o tellado dos Pendellos.
Son pequenas anécdotas que quedan recollidas para a crónica intrascendente da nosa vila. E de paso tamén lle botamos unha ollada á historia, de cando os labregos se ergueron armados contra a tiranía dos señores feudais.
xamais me puiden imaxinar ver o meu avo en semellante situacion!!moi divertido...un saudo
ResponderEliminarPor Argimiro Borrajo, case me fixo pensar quen era, chámalle naveiro, que é como se coñece, amais de ser un alcume sen mala intención, ven do lugar onde se levantou a casa dos seus pais, na naveira, e da casa da naveira sairon tódolos naveiros, que son uns poucos.
ResponderEliminar