Tal día coma hoxe (6 de xuño ) colocouse a primeira pedra do Convento Pasionista de Priorada (Melide) que levaría o nome de "A Nosa Señora das Dores". Na tarde do día 5 de outubro do ano 1968 cheguei ao Convento, e corenta anos despois paréceme que foi onte cando crucei coa miña pequena maleta o patio onde tanto xogamos.
En data tan sinalada o meu recordo agarimoso e agradecido ao P. Jorge, P. Rosendo, P. Odilo, P. Rogelio, P. Jesús Lizarraga, P. Ramón María, P. Florentino, H. Antonio, H. Eugenio, H. Manuel, Sra. Mercedes ( a cociñeira), Sr. Manuel (que coidaba o Caserío), Sra. Flora e Sr. Genaro (pais de Finita e Toñito e que tiñan a tenda fronte ao Convento), e a todas aquelas persoas e compañeiros que tanto me axudaron e cos que compartín un tempo feliz.
Co desexo de que o "ANO DO CENTENARIO" nos permita vernos para celebralo.
Un aperta.
Julio López RegueiroHai dous días recibín este correo do entrañable amigo e compañeiro de estudos Xulio López Regueiro (rodeado cun círculo na foto do medio). Ten unha parte de lembranza nostálxica e unha promesa de conmemoración centenaria (neste ano 2009). O vello edificio foi demolido, pero permanece impecable nos nosos recordos, onde Xulio e eu nos coñecemos e trabamos boa amizade. Hoxe únenos aquel pasado e outras moitas afeccións e dedicacións. Sempre lle agradecerei o entusiasmo con que se fixo socio de "Amigos dos Pendellos" e a paixón que amosa por esta terra de adopción.
De certo que se trababan amizades ben profundas, prodigadas sobre todo pola ausencia e lonxanía da familia(poucos km facían falla daquela para xerar distancias). Estou seguro que aqueles anos marcaron especialmente á nosa xeneración (ainda que alevín, permítaseme esta licencia).
ResponderEliminarMira que cuco se ve a Don Julio nesa foto!!
O convento foi un elemento evanxelizador e culturizador de comarca de Melide, moita xente logrou unha formación humanística que non tería de non estaren os Pasionistas en Melide; non dubido en que ese pobo tan agradecido saiba render unha homenaxe aos Pasionistas senón neste ano será no futuro. Desde o Pico Sacro
ResponderEliminarEn la foto no me reconozco no sé si estoy pero veo muchas caras conocidas que coinciden con el tiempo 1968 , me llamo Antonio Cervelo Pardo quiza alguno se de cuenta ,la verdad que me vienen recuerdos muy felices, aquellas partidas de fronton,futbol, futbolin. Aquellas marchas hacia el instituto,el madrugón con clases de francés en disco,que tiempos.
ResponderEliminar