20 de agosto de 2009

A CAPELA DAS VIRTUDES NA PASADA MOSTRA DE ARTESANÍA

Nos Pendellos a arquitectura é sinxela e elegante. A pedra e a madeira bástanse por si soas para acugular de maxia a atmosfera deste lugar.
Aínda non se inauguraron oficialmente os edificios restaurados e xa gozan dunha vida que outros monumentos desexarían. En menos de mes e medio, a Capela das Virtudes xa acolleu un concerto da Coral Polifónica de Agolada nas festas de San Pedro, o coro Ochote Villa de Xixón improvisou nesta capeliña un ensaio e na Mostra de Artesanía acolleu unha exposición pictórica con obras de José Barberá (Zaragoza) e Miguel Carrasco (Madrid). Así lucía o edificio na primeira noite da Mostra. Mágoa que non puidese funcionar o alumado exterior para iluminar o adro.
Nas imaxes de arriba vemos o aspecto que lucía polo día na xornada do 12, canda a feira e nas dúas útimas fotos vemos as pías (a bautismal e a da auga bendita) orixinais da Capela.
Este é o comezo dunha nova xeira para os Pendellos, para a capela, para Agolada. Cómprenos o traballo de todos, moitas ideas e toda a ilusión para revitalizar e completar a restauración deste antigo recinto de feira.

5 comentarios:

  1. Unha pregunta sobre a Capela das Virtudes, porque da a impresion que foi algo distinto do que parece. Esta e a pregunta: Era a antiga igrexa da primitiva aldea de Agolada"?.
    Respecto da restauracion: EXCELENTE, dalle un novo aire ao conxunto.

    ResponderEliminar
  2. Dende logo, quedou fenomenal. A ver se cunde o exemplo, que hai moito que restaurar polo país adiante.

    ResponderEliminar
  3. Xa o levo dito: podedes sentirvos orgullosos do voso traballo, grazas ó cal esto que agora vemos é unha realidade.

    ResponderEliminar
  4. Ai, se se fixera sempre así.!
    Da mágoa ver algúns monumentos, muiños, ou outros enclaves a cair de pena, sen que ninguén faga nada.
    Noraboa pola recuperación.

    ResponderEliminar
  5. Quedou mui ben !. Eu lembro a capela arruada e noto a milloría.
    Agora que non a deixen caír que iso é outra.

    ResponderEliminar