Carmoega é unha parroquia de Agolada, ribeireña do Arnego e colindante cos concellos de Lalín e Vila de Cruces. Na aldea de Santandré, pertencente a Carmoega, no lugar que aparece rotulado como Cima da Quenlla, pretenden instalar unha planta de biogás. Durante a exposición pública do proxecto presentáronse alegacións por parte da maioría dos veciños e diversas organizacións ecoloxistas e tamén o concello de Vila de Cruces. Argumentan sobre a proximidade da planta á aldea, sobre a presenza de cheiros molestos, sobre o impacto visual, sobre a posible contaminación ou desecación do manancial que surte á aldea, sobre o paso de vehículos pesados, sobre as repercusións na zona de captación de augas de Vila de Cruces, sobre a área de influencia do Sobreiral do Arnego, etc.
A min case non me quedan argumentos. Só quero manisfestar que poñería parte do meu peculio para que non se fixese. Polos argumentos que os demais expuxeron e porque creo que á parroquia non lle vai aportar nada positivo. Sei da utilidade de tales plantas porque me preocupei de indagar ao respecto, pero creo que debería haber lugares máis idóneos onde situalas. E non basta que a un particular se lle veña á cabeza tal ocorrencia ou a unha empresa descoñecida que nada ten que perder e a un concello que se deixa subxugar con cantos de paxaros pecuniarios. O concello debería defender a postura da maioría dos veciños e non manifestar tan claramente a súa predisposición a tragar rodas de muíño.
Por estética e por moito máis preferiría non ver unha instalación semellante ás das fotos que seguen na Cima da Quenlla.
A nosa zona xa está moi industrializada, pero aínda así non quixera eu unha planta desas ó lado. Case me atrevería a dicir que se a montan non han respetar nada, e unha vez feita... pois xa está.
ResponderEliminarCoidade o voso entorno, que é ben fermoso.
Galicia é moi fermosa, pero aínda así, hai lugares máis cativos para estragar e sobre todo nonlle estragar a vida dos veciños dese lugar tan fermoso, de poñela deberano facer onde ninguén proteste e onde faga menos dano ao contorno. Para que están os polígonos industriais?, non sei se sería o sitio axeitado...
ResponderEliminarAqui o unico que saben facer moitos non e mais ca "joder" o medio ambiente, as poboacions, as zonas forestais, os rios e todo o que se lle poña por diante en nome do progeso e das espureas necesidades do capitalismo, actualmente ferido por un crise propia desta mierda de sistema que nos domina.
ResponderEliminarNON A ESTA INSTALACION NESTE LUGAR
Non deixedes que fagan semellante gamberrada. Proveitos, poucos e molestias, moitas.
ResponderEliminarPaidovento: Estamos de acordo no que dis, que non deixemos que se faga semellante desastre, pero has de saber que hai poucos recursos para impedilo. De feito non hai medios legais para evitar que se construan estes monstros en calquera lugar.
ResponderEliminarOs recursos que quedan son: ... bueno, non vou a decir cales son porque... porque ...
O que non e xusto está por encima das leises, por encima delas están os principios tais comno: xustiza, equidade, dano a humanidade e o teórico bo proceder de quen as fai, entón hai que facer ver que neste caso non procede facela ali, noutro sitio pode ser. Desde o Pico Sacro
ResponderEliminarOs que escribimos aqui estamos mais o menos de acordo en que a PLANTA DE BIOGAS e unha impostura para Carmoega, pero a situacion non e outra mais ca esa. E decir, non queremos que nos asoballen pero que deixar que o fagan con razon ou sen ela.
ResponderEliminarHoxe a parroquia mais merdenta da comarca e O SISTO, DOZON, porque aqui hai mais de trinta granxas de porcos, vacas e galiñas e por necesidade a planta debia ir para ese lugar, pero os que moven os fios do capitalismo, non da xustiza, equidade e outras cousas, actuan como mellor lles conven a eles e asi nos vai a todos. O unico que facemos e botar pestes contra eses cabrons e ...
E logo quen tivo a brillante idea de meterlles este espenpento aos veciños de Santo Andre. Sobras sitios para onde levar tales industrias e a alguen ocurriuselle o peor sitio. Hainos ben subnormais
ResponderEliminarEntendo as voces que din que non hai moita forza para defenderse das agresións. No rural quedamos poucos e, ainda que bós, estamos malamente armados para defendernos dos ataques que pouco a pouco han vir.
ResponderEliminarPrimeiro despoboáronnos quitándonos servizos (educativos, sanitarios...), e agora...veñen poñer os seus retretes aqui.
Conxugar industria e progreso con coidado ó entorno semella tarefa complicada; mais hai que atopar o equilibrio.
Seguimos dandolle voltas ao mesmo porque este mal non ten remedio no mundo presente. Isto e peor que unha casa de putas, como vulgarmente se di
ResponderEliminarXa todos sabemos que o maior dano que estes necios capitalistas, que non ven máis ala que o valor do diñeiro dada a propia ignorancia que sustentan, o tentar impoñernos ós veciños de Carmoega esta planta é o dano que esta supora tanto para tranquilidade dos lugareños como para a paisaxe do entorno e das propias especies (animais e vexetais) que o lugar alberga. Algúns dos animais que alí se poden atopar, empregan este lugar como zona de paso e repostaxe de enerxía nas epocas de migración hacia lugares de climas máis benignos.
ResponderEliminarPero isto que acabo de expoñer, só é unha das tantas cousas que nos indignan os veciños de Carmoega en relación a dita planta, xa que hai outros aspectos, puramente legais, que tanto a nivel particular como administrativo se pretenden saltar, entre os que podemos citar os seguintes:
- O solo esta calificado CONVINTEMENTE como rústico de protección ordinaria, cando a zona da que estamos a falar lle corresponde por LEY (concentración parcelaria) o de rústico de especial protección agropecuaria, que impide a implantación destas plantas neste tipo de zonas. E decir, a administración esta atentando contra a ordenación e adecuada vertebración do territorio.
- Non se respeta a distancia mínima ao núcleo rural, etc,etc,etc.
Podería seguir decindo máis aspectos que desbotarían tal ubicación, pero non quero aburrirvos.
Só quero pa acabar que vos preguntedes unha cousa, ¿ porqué cando a administración local, que dispón de un polígono industrial coas infraestructuras necesarias(tratamento de residuos, accesos, rede de media tensión para a evacuación da enerxia eléctrica xenerada, etc.) para ubicar este tipo de industrias, se empeña e loita por levar a cabo a execución do proxecto en CARMOEGA?