Din que as comparacións son odiosas, mais aleccionadoras. Pero non se trata de ver que está mellor, senón de reflexionar sobre a conveniencia desta restauración para preservar para o futuro a historia das feiras e os seus recintos, dos que o de Agolada foi e é un dos seus mellores expoñentes.
Como para dicir que non vale a pena restauralos! Dende logo moi fermoso,
ResponderEliminarPero vexo que xa duberan de restauralos noutra ocasión, pois a parede de bloques é do máis "chamativo".
Tede coidado cos botellóns. Eu podo comprender que a xuventude faga este tipo de festas, o problema ben cando é beber por beber, e os resultados están á vista. Unha mágoa esa foto.
Non quero comparar; pero hai que recoñecer que a restauración está sendo ben axeitada. Felicítovos
ResponderEliminarRestaurar esta ben pero, que me digan en que se parecen estes pendellos os de antes.A verdadeira restauración e a feita fai anos na que se fixo esactamente ó que eran,un pendello non tiña auga,luz é o piso de terra non estas pijotadas de agora...
ResponderEliminarBen, non coíncido con anómimo que dí que son unha pijotada. As restauracións teñen que servir para algo. Xa que restaurar por facelo non merece a pena. Agora queda aínda moito por facer e se cadra o mais importante, darlles usos, vida, enchelos de xente, que servan para algo acaecido ao seu ser. Así a xente que os ve coma un estorbo mudará a súa opinión e crerá na súa valía tanto arquitectónica-popular como pola súa valía etnicista e antropolóxica. Son unha manifestación social dunha época histórica de Agolada. Eu son dos que pensa que hai que definir un plan de usos e poñelo a andar. Tamén un plan de recuperación de todo o entorno algo paracido ao que se fixo noutras vilas galegas coma Allaríz,... e que agora contan incluso cun dos mellores mercados de roupa de autor do país. Refírome as outlets das grandes marcas de roupa galega que buscaron un entorno adecuado para instalarse. Aí temos o noso "mirror"
ResponderEliminarSó por quitar esa parede de bloque xa valeu a pena. Está ben que sirva para algo e moito mellor aínda que ademais se fagan exposicións ou conferencias como vexo que estades a facer.
ResponderEliminarAdiante e ánimo.
Saúdos dende A Ulloa