Hai xa bastante tempo que quería traer a esta páxina a figura de Marisol Soengas (á esquerda na imaxe), prestixiosa oncóloga que traballa no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, presidido por Mariano Barbacid, quen a trouxo de volta a España desde un centro homónimo de Míchigan (EE.UU.).
Coruñesa afincada en Madrid, ten as súas raíces nos concellos de Agolada (naceu n'Aldea do Monte e viviu alí ata os tres meses, de Friufe era un dos seus avós) e Antas de Ulla (Fonfría).
Hoxe foi noticia en toda España, na prensa escrita, na radio e na televisión polos avances que vai acadando co seu equipo na loita contra o cancro de pel.
Coñezo a bastantes familiares seus e mesmo teño un parentesco político cun curmán de seu pai, por iso me alegro especialmente e lle expreso desde aquí a miña admiración e recoñecemento.
(Imaxe recollida de La Voz de Galicia).
Pois semella que a letra "F" debe decir moito para Soledad, xa que entre Friufe e Fonfría parece que ten as súas raíces. Pregúntome se se lembrará delas...
ResponderEliminarHola a todos.
ResponderEliminarSon Maria (Marisol) Soengas. Claro que non olvido Fonfría nin a Aldea do Monte… nin as miñas raíces galegas por mais que viaxe polo mundo…