26 de outubro de 2009

ADRIÁN IGLESIAS MOURE

Adrián con trece anos esperta loanzas entre os que contemplan a súa habilidade futbolística e a súa capacidade goleadora. É o que popularmente se coñece como unha promesa pero tamén é unha realidade. Cos seus anos xa entrena coa selección galega de fútbol sub-16. Alí, entre os grandes, e non desentoa.
Vive no Rego Traveso, O Quinteiro ( Borraxeiros- Agolada) e estuda e entrena en Lalín, onde xa leva varios anos formando parte da Escola de Fútbol.
Eu desexo felicitalo dobremente, como veciño e amigo e tamén como alumno. O seu excelente carácter e a súa humildade hano levar lonxe en calquera camiño que emprenda. O fútbol tamén é un camiño.

2 comentarios:

  1. A este nivel é donde me gusta particularmente o fútbol. Claro que é un bo camiño, sempre e cando estexa nunha escola que enseñen valores e, como digo eu, a ser personas.
    Outro tanto pásalle a meu fillo, que non chega a ese nivel, pero estou encantado co trato entre compañeiros e o ben que lle fai practicalo.

    Outra cousa ben distinta xa é o fútbol a outro nivel, que move masas pero as veces da noxo.

    En fin, que teña moita sorte Adrián, se é como dis, penso que non lle vai faltar.

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. mágoa que non houbera unha escola de futbol municipal e saíran mais talentos coma el... parabens ao rapaz...

    ResponderEliminar