Quizais dun xeito inconsciente, este blog nacese para tratar de elevar a autoestima dos aqualatenses que me len, dicirlles das potencialidades sociais, culturais e conómicas que eu observo, dar o coñecer o patrimonio cultural que albergamos, espertar o orgullo de pertencer a esta penechaira que se estende aos pés do Farelo e se bascula nas cuncas do Ulla e mais o Arnego.
Dentro desas potencialidades ás que aludo, dúas sobresaen por riba das demais: Os Pendellos e a Feira do 12. Rendibilizar o mellor espazo de feira rural e popular de toda Galicia é unha tarefa que se debe abranguer desde perspectivas sociais, culturais e económicas. Rescatar e reorientar a feira ás circunstancias actuais do agro e da poboación é un traballo urxente. Ambas empresas requiren ideas, ambición, estudos, conversas con diferentes sectores, bastante ilusión e maior dedicación e esforzo. Aledoume ler na prensa que o Concello pretende establecer un mercadiño dominical. Non será fácil, pero merece a pena intentalo. É imprescindible ofrecer algo que os demais non teñan, mercaderes, hostalería e cultura no interior dos Pendellos.
Para ilustrar esta entrada escollín dúas fotos da feira. Na de arriba (do ano 2005), a señora que viste de negro foi a última vendedora que tivo o seu posto de venda durante moitos anos nun pendello. Desde 1977 ata o ano pasado vendeu na Praza do Concello. Seica morreu hai algo máis dun ano e unha neta (foto inferior) segue coa tradición familiar de acudir á feira de Agolada. Subida na escaleira, retrateina o 12 de agosto do presente ano cando de mañá cedo montaba o seu posto na espera dunha romaría interminable de clientes. Gustaríame augurarlle longos anos de feira en Agolada, outros tantos como a súa avoa e que coñeza o rexurdimento dos Pendellos.
Eu sempe admiro moitísimo o traballo sin descanso dos feirantes. Á mañán cediño colocando os seus postos e pouco antes do xantar xa están pensando na seguinte feira...
ResponderEliminarPor certo; cobran forza as tuas palabras cando dis da influencia da feira de Agolada tamén en Antas. Precisamente a moza que sae na primeira foto mercando é veciña miña!!!
Apertas
O teu blogo quedará sempre como referente de Agolada de primeiros deste século, sexas ou non o cronista oficial.
ResponderEliminarDeus, morreu a señora? non o sabía. Eu lembroa sempre nas feiras, n´Agolada, nas Crueces. Lembrome que miña nai sempre lle compraba a roupa para ela e para nós. È desas persoas as que vas a feira e miras con cariño. As feiras sen ela xa non serán o mesmo para min. Unha aperta á súa familia e en especial ao seu fillo Manolo.
ResponderEliminar