22 de novembro de 2009

PEPE CARREIRO NOS PENDELLOS DE AGOLADA

Na xornada de onte, despois dun xantar en familia, visitei con Pepe Carreiro Os Pendellos. Xa había tempo que lle falara da posibilidade de traer Os Bolechas a este antigo recinto de feira. Falamos e admiramos. A idea está a cocerse entre Vigo e Agolada. De facerse realidade sería un número máis
dunha longa colección da que vos deixo dúas mostras na marxe ( en Gondomar e Sarria).
Toda a colección dos Bolechas goza dunha amplísima difusión e aceptación entre o público infantil.

5 comentarios:

  1. Pois si que vos sería unha boa publicidade, que vaia adiante.

    ResponderEliminar
  2. Dende logo, Os Bolechas, coas súas viaxes, axudan aos nosos nenos e pais a coñecer o noso país. Noraboa a Pepe Carreiro, pero por suposto, tamén a vós por este extraordinario blog onde poñedes en valor o voso, noso riquísimo patrimonio artístico cultural. O traballo sobre os horreos é magnífico. Gonzo o voso veciño en; http://anosahistoria.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  3. Pois como os pendellos de Agolada saian nos bolechas, vaivos faltar tempo para espantar as visitas.
    O certo é que aos meus fillos encántanlles e, polo que teño visto na biblioteca, non son os únicos.

    ResponderEliminar
  4. Pois ánimo, e a esperar que os Bolechas cheguen aos Pendellos. Aperta

    ResponderEliminar