22 de novembro de 2009

O ANSIADO AUDITORIO

Na pasada semana comezaban tamén as obras da segunda fase do Auditorio Municipal. Os mastros da imaxe forman parte da estrutura metálica do edificio. Eu vira o proxecto hai tempo e lembro un enorme cubo que na fachada levaba chapa serrada de pedra granítica e cristal. Do resto non recordo os materiais. Esperemos que acerten. Vendo a importante altura que alcanzan os mastros, creo que foi un acerto non edificalo xunto aos Pendellos, sería unha desproporción.
En calquera caso, xa hai anos que é unha necesidade. Que o acaben pronto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario