Este blog é visitado por bastantes aqualatenses. Pensando nos que viven lonxe, vou insertando noticias do acontecer cotián na vila ou no concello, sen pretensións xornalísticas. Igualmente, aproveito esta páxina como crónica do acontecer dos Pendellos, ese gran referente de vila de feira que queremos potenciar e valorizar. Na Asociación Amigos dos Pendellos seguimos a traballar arreo nesa dirección. A meta que xustificaría todos os esforzos sería ver culminada a restauración e todos os espazos restaurados dedicados á feira, ao museo, a actividades hostaleiras, comerciais e culturais. Con ese motivo no pasado mes de outubro unha comisión acudiu á Deputación de Pontevedra e o pasado xoves 19 outra comisión foi recibida polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, D. Xosé Manuel Rey Pichel (na foto superior). A ambos organismos pedímoslles que sigan a executar os orzamentos acordados e que, superadas estas fases, continúen ata completar a restauración integral do recinto. O Director de Patrimonio amosou interese por vir coñecer o recinto, que a priori lle parece interesantísimo.
Para a miña sorpresa, descubro despois das primeiras escavacións, que o solo é moito menos pedroso do que imaxinabamos.
o teu blog e todo un documento extendido cara o mundo, falando dos pendellos, do teu pobo...
ResponderEliminariso e amor e dedicación!
noraboa.
E pensar que hai uns anos estivemos buscando pendello coma tolos para poñer nun blog de insti!!!
ResponderEliminarhttp://pendellos.blogspot.com/
pasaron os anos, creo que o blog morreu, pero hoxe as túas fotos leváronme ata aló.
Un grato paseo cos meus bolechas de fondo (eu tamén son fan dos bolechas aínda sendo senior;))
Un saúdo