4 de decembro de 2009

SORTEO DO MEME DO LIBRO GALEGO

Novamente chego tarde á cita do sorteo. Non foi por esquecemento. Obrigas inescusables impedíronme acudir a esta cita con puntualidade.No sorteo entraron oito números. Coa colaboración da miña filla Fátima saíu agraciado o número 8. Correspóndelle a Goretti que deixou o seu comentario desde Barcelona. Aproveitarei, de paso que lle mando o libro, para mandarlle un saúdo.

2 comentarios:

  1. Pois parabéns para Goretti.
    Outra vez será.

    ResponderEliminar
  2. supoño que tratándose dun libro titulado "A Terra do Medio"...quizáis non sexa tanta casualidade que veña a parar ás mans dunha galega con tanta 'terra por medio'entre a súa terra Galiza e a súa terra Barcelona.

    prometo, se me fose posible, visita a Agolada este nadal para cerimonia de entrega en persoa.

    unha aperta!!

    ResponderEliminar