Faro, Farelo, Pico Sacro e o Bocelo.
Hai unha segunda versión que inclúe o castro Marcelín:
Faro, Farelo, Pico Sagro e o Farelo
e o castro Marcelín titiritando no medio.Estes outros aluden á experiencia meteorolóxica obtida da repetida observación do monte Farelo, o cumio sobranceiro desta zona da alta Ulloa.
Cando o Farelo pon a monteira,
chove anque o ceo non o queira.
Cando o Farelo pon o capelo,
meniñas da Ulla poñede o mantelo.
Carapucho no Farelo,
auga no pelo.
Cando o Farelo ten sombreiro,
os labradores que anden con xeito.
Néboa no Farelo,
mellor á noite que á mañá cedo. Por último vai un curioso dito, en tres versións diferentes, que polo significado ten que ver co feito de cadrar ben as contas. É un dito moi estendido por distintas zonas de Galicia. Que se cite Agolada, creo que pode ser unha mera cuestión de rima consonante. Que se cite ao crego pode deberse a que sempre suscita máis morbo, pois sempre se dixo dos cregos que gorentaban os bos xantares, con porco ou sen el.
A conta xusta e axustada,
dixo o crego d'Agolada:
seis touciños, seis xamóns,
tres rabos e seis lacóns.
Cousa xusta e rematada,
dixo o cura d'Agolada:
tres porcos, seis touciños,
doce pés con tres fuciños.
Cando o Farelo pon a monteira,
chove anque o ceo non o queira.
Cando o Farelo pon o capelo,
meniñas da Ulla poñede o mantelo.
Carapucho no Farelo,
auga no pelo.
Cando o Farelo ten sombreiro,
os labradores que anden con xeito.
Néboa no Farelo,
mellor á noite que á mañá cedo. Por último vai un curioso dito, en tres versións diferentes, que polo significado ten que ver co feito de cadrar ben as contas. É un dito moi estendido por distintas zonas de Galicia. Que se cite Agolada, creo que pode ser unha mera cuestión de rima consonante. Que se cite ao crego pode deberse a que sempre suscita máis morbo, pois sempre se dixo dos cregos que gorentaban os bos xantares, con porco ou sen el.
A conta xusta e axustada,
dixo o crego d'Agolada:
seis touciños, seis xamóns,
tres rabos e seis lacóns.
Cousa xusta e rematada,
dixo o cura d'Agolada:
tres porcos, seis touciños,
doce pés con tres fuciños.
A terceira versión, un chisco basta, recollina eu dun banqueiro do Porto do Son, que lla escoita acotío a un seu compañeiro de traballo:
Conta xusta e rematada,
dixo o crego d'Agolada:
tres porcos, tres rabos
seis collóns e tres carallos.
Conta xusta e rematada,
dixo o crego d'Agolada:
tres porcos, tres rabos
seis collóns e tres carallos.
Como non podía ser doutro xeito, os que aluden ó Farelo cuberto, son comúns tamén por este lado.
ResponderEliminarUnha aperta de entroido!
Por Arbo miran ao monte San Fins se ten o pucho posto.
ResponderEliminarNéboa no Farelo
ResponderEliminarxente ao cortello
A cuestión neste caso non é o refraneiro ous os ditos populares en si, senon a importancia que ten o Farelo como referencia á meteoroloxía, un predictor do tempo que vai a facer.
ResponderEliminarA longa experiencia na observación de meteoros por parte dos pobos dos arredores do Monte transmitese en forma de ditos curiosos a tódolos que descoñecemos esa realidade.
O fenómeno de formación de néboas no alto do Farelo é un fenómeno bastante común nos altos que sobrepasan os 900 metros, nesta parte das Serras Centro Occidentais de Galicia. Algo semellante sucede en: Alto San Benito, Alto do Testeiro, Monte Faro, Serra da Martiñá e o Farelo. Iso tivose en conta cando se realizou un estudio para valorar as condicións de visibilidade coa fin instalar, no centro da Galicia, un observatorio astronómico. Era a época de Cuiña que levaba ao monte Faro a personaxes tan hipócritas como o señor Aznar, pero viñeron os de Enerfín a "joder" a historia (mataron esa posibilidade coa instalación dun macro parque eólico e coa colocación dunha estrámbolica torre acristalada na cimma do Faro).
A nosa historia é unha historia de desfeitas inversosímiles.