9 de febreiro de 2010

CARNE DE CALIDADE NO VALADOIRO (SANTA COMBA)

Souben estes días pasados a través dun blog amigo e pola prensa de hoxe da iniciativa de comercializar directamente a carne con selo de calidade que a familia Méndez de O Valadoiro cría e coida con moito mimo. Déixolles os meus parabéns porque ideas coma esta permiten soñar cun futuro esperanzador para o agro e augúrolles moito éxito.
A través do seguinte enderezo web pódese comprar carne de rubia galega da mellor calidade: http://oboidobaladoiro.wordpress.com/
Por certo volvo insistir na correción do topónimo do lugar, recollido no nomenclátor da Xunta de Galicia e cunha probable etimoloxía no termo latino vallatorium.
Hai case tres anos, nos meus inicios de blogueiro, dediquei unha entrada a esta gandaría. Xa entón loei esta xeira empresarial. Sei que teñen formación, ideas e, polo que se ve, tamén proxección.

5 comentarios:

  1. Ben sabes que adoito tirarlles fotos ás vacas con abondosa xenerosidade; así que esta foto gústame especialmente.

    E hoxe, por non facerlle competencia á gandeiría de Santa Comba, non direi o nome doutra de Barreiro (en Antas) que tamén vende do mesmo xeito.

    Muuuu, digoooo, apertas!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola referencia e moitas felicitacións polo inmenso traballo que recolle o teu bog
    Xosé Manuel Méndez

    ResponderEliminar
  3. Aí está o futuro do noso campo e labregos, temos que eliminar os intermediarios, que non só gañan o que non gañan os labregos, senón que nos meten gato por lebre.

    ResponderEliminar
  4. Moi ben fóra os intermediarios.

    ResponderEliminar
  5. Eu non poría a moderación de comentarios, posiblemente aqueles que nalgún intre, se referiron ao sr. Busto de forma irónica ou con segundas intencións, son aqueles que teñen envexa da súa valía, posiblemente teñan orellas de burro desconfiado que teñen medo da súa incursión no mundo da política rastreira, que como dicía o Poeta da Mahía: "... Politiquiños da aldea, que coas súas ideas raposeiras aguilloan da xente de xugo e vara...", vostede sr. Busto coas súas verbas cargadas sentimento e amor a súa terra no fai máis que loa-a, e os/as que aínda sen ser dela tamén a queremos un pouco máis inundados polos seus bos sentimentos, sempre o defenderemos. Aquelas persoas que sendo de dereitas, de centro e da esquerda, se queren a súa terra, deben ser sempre ben vidos a súa web, aqueloutros que non a queren sexan de onde sexan e pensen o que pensen sempre serán repudiados por nós. Non poría a moderación porque aqueles que non saben estar xa se autodescualifican eles mesmos, son sempre anónimos porque senten vergoña de que saiban quen son, eu tamén son anónimo pero por razóns persoais alleas a miña forma de pensar. Desde o Pico Sacro

    ResponderEliminar