9 de febreiro de 2010

REGUEIRA DO FERRO

Ferreiroa (foto superior) é unha pequena aldea, cabeceira da parroquia homónima, formada ademais polas aldeas de A Costa, Bidueiros, o lugar de O Pontillón e a vila de Agolada. En Ferreiroa está a igrexa matriz e titular de San Pedro. É un templo románico do século XI, do protorrománico e con leves adulteracións respecto da fábrica orixinal.
O topónimo da parroquia e a presenza de escouras nos arredores do río evidencian a presenza dunha antiga ferraría, a cal segundo os historiadores data da época da romanización. Mais os xeólogos interrogáronse sempre pola existencia do filón de mineral ferroso que abastecería a devandita ferraría. No solo granítico de Ferreiroa non acharon mineral de ferro.
O domingo pasado falando cun veciño de San Miguel (Gurgueiro) souben, pola microtoponimia e pola testemuña de escouras no lugar, da existencia doutra probable ferraría, quizais da mesma época. No Prado das Escoiras* (deturpación do termo escouras), a uns 600 metros de San Miguel, mesmo á beira do Rego da Xara quedan evidencias abondo dunha ferraría menor que a de Ferreiroa.
E respecto do filón ou veta ferrosa quizais a microtoponimia nos volva ser de enorme utilidade. Nun punto case equidistante das dúas ferrarías hai unha vagoada que baixa desde o monte de A Costa cara a Ponte dos Cabalos. Coñécese co nome de Regueira do Ferro ou Quella do Ferro (imaxe inferior). Visitei o lugar o domingo e a vexetación impediume facer unha análise superficial do terreo, por se existisen cavidades ou pozas que evidenciaran algunha mina antiga. Pero a denominación do lugar non parece caprichosa e moito menos sabendo da existencia das citadas ferrarías. Non xulgo ousadía afirmar que con bastante seguridade sexa este o lugar do primitivo filón.
* ESCOURAS: Subprodutos non metálicos, de consistencia vidrosa, que se obteñen na redución dos minerais para a obtención de metais ou no tratamento de purificación do metal fundido. (Gran Dicionario Xerais).

3 comentarios:

  1. O topónimo a "regueira do ferro" ás veces fai referencia a tenzas de monte en forma de "ferro de arado", é un topónimo bastante frecuente para nomear ese tipo de tenzas polo seu formato "triangular" e estreito.

    ResponderEliminar
  2. Entrada que figura en la página 139, Tomo IV del Diccionario Estadístico de España y Portugal dedicado al “ Rey Nuestro Señor por el Doctor Sebastián de Miñano, Individuo de la Real Academia de Historia y de la Sociedad de Geografía de París”, tomo impreso en la imprenta de Pierart-Peralta de Madrid en 1826:
    FERREIROA ( SAN PEDRO DE ): Feligresía de España, en Galicia, provincia y Arzobispado de Santiago, jurisdicción de Ventosa, JO, 44 vecinos, 188 habitantes, 1 parroquia. Situada en las vertientes del Farelo a la derecha del Arnego, junto al puente de Villarino. Confina al N con Esperante, al N E con Ventosa, al SE con Gorgueiro, al S con el Arnego y al O con Villarino. Tiene la feria de la Agolada el 12 de cada mes, en donde se comercia en ganados, fruto, paños, telas, herrages y comestibles. Contribuye 650 rs.

    ResponderEliminar
  3. Tocante a escoiras, non é deturpación ningunha de escouras. Unha e outra son resultados posibles no galego. Para exemplo, véxase louro/loiro e moitos outros máis.

    ResponderEliminar