"Teatro de máscaras" foi escrito polo "señor de Trasalba" en 1934, animado por Castelao, pero non vería a luz da publicación ata 1975.
12 de maio de 2010
AGOLADA NO TEATRO DE MÁSCARAS
Con grande satisfacción lía hai uns días no "Teatro de máscaras" do gran escritor ourensán D. Ramón Otero Pedrayo, este fragmento que ambienta na ficción teatral con topónimos da comarca de Deza, entre eles dous de Agolada (Agolada e Borraxeiros). Polo que podemos ler no texto tamén o creguiño da Agolada tiña un pendello de pedra. Co que se vén a demostrar unha vez máis a preeminencia dos Pendellos como construción singular desta terra. É mágoa que Otero Pedrayo non coñecese a fonte de Fontarcada, o manancial máis abundante de Agolada, para citala no canto da da Penascada. Así os versos terían adquirido un vínculo total coa xeografía e a microtoponimia do lugar, conservando a mesma rima consonante requerida.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Sempre agrada descubrir algo que ten que ver conosco reflexado noutro lugar e máis se vén da man de Ramón Otero Pedrayo.
ResponderEliminarBo día das Letras !.