Compositor de singulares pezas para banda (O Rolandito ocupa un lugar destacado) , director de varias bandas de música (Valladares, Unión de Guláns, Rianxo...) fundador doutras (Antas de Ulla), refundador da banda Cultural de Brántega (as imaxes desta entrada recollen os inicios daquela etapa) e mestre dunha interminable canteira de músicos.Entre os aqualatenses a súa figura gozou do público recoñecemento ao seu labor como director e compositor. A primeira vez que me falaron del, o relato viña revestido dunha aureola de quen tiña acadado o olimpo das musas.
Sobre estas liñas, a Banda Cultural de Brántega, no día do estreno dos uniformes da época da súa refundación. Oro Val é o primeiro pola esquerda.
Monolito homenaxe aos músicos Andrés Vilariño Porral e Xosé Oro Val, tributo do Concello de Agolada e da parroquia de Brántega. Desde o ano 2000 ocupa un lugar preeminente na praza da Feira Nova, onde antano se desenrolou a extinta feira do 26. Como curiosidade cómpre sinalar que o monolito está equidistante dos fogares que ocuparon na devandita praza os músicos homenaxeados.
Monolito homenaxe aos músicos Andrés Vilariño Porral e Xosé Oro Val, tributo do Concello de Agolada e da parroquia de Brántega. Desde o ano 2000 ocupa un lugar preeminente na praza da Feira Nova, onde antano se desenrolou a extinta feira do 26. Como curiosidade cómpre sinalar que o monolito está equidistante dos fogares que ocuparon na devandita praza os músicos homenaxeados.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarPois eu únome a ti no pésame á familia.
ResponderEliminarComo ben recolles, da súa man musical e coa colaboración do médico ullán Félix Teijeiro "Quico", lograron levar a bo porto a refundación da entón extinguida Banda de Música de Antas de Ulla, que na actualidade continúa en plena actividade.
Sempre me ven á memoria cando empezaron a ensaiar os desfiles. Facíano nunha das pistas do Colexio de Antas e moita paciencia e moi bo facer amosaba este músico que, creo lembrar, compuxo tamén algunha peza que leva o nome da miña vila.
Apertas
As personas vanse, pero queda a súa obra(polo que leo, importante), a súa memoria nos que o quixeron e respectaron. Eso é o que importa.
ResponderEliminarCantas veces escoitei o pasodoble Rolandito, e a bo seguro de rapaz bailei, mais non sabía que era unha peza deste mestre, a pesares de compoñela en memoria do seu fillo falecido, tiña un son moi festivo, que inducía a ledicia, seguro que o seu compositor quixo facelo para que a súa memoria fose sempre causa de alegría nunca de tristura; sinto que nos deixara, pero como vos decides quédanos a obra. Debíano de enterrar na Agolada, se non hai un panteón para os ilustres, a bo seguro que el ilustraría o panteón e máis aínda a Agolada a súa terra nai.
ResponderEliminarDesde o Pico Sacro.
Hola:
EliminarSoy nieta de José Oro Val, y consultando documentación electrónica de Brántega, “mi aldea” como yo la llamo y la que tantos buenos recuerdos me trae, encuentro casi seis años más tarde este escrito sobre mi abuelo.
Primero de todo quería dar las gracias por el pésame y por estas líneas.
Y en segundo lugar quería aclarar algo sobre este comentario al que doy respuesta años más tarde, para que no tengan dudas los que como yo puedan visitar este blog a partir de ahora.
Sólo decir que el pasodoble Rolandito no fue escrito a raíz de la muerte de su hijo, como se da a entender, ya que esta obra fue registrada en el año 1978, un momento feliz en la vida de mi abuelo. Y mi tío falleció en el año 1990.
Sin más comentarios que hacer me despido.
Un cordial saludo.
Zoila Oro García
Hola,antes de nada gracias por vuestras muestres de afecto.Soy nieto de Jose Oro Val y me gustaria contactar con el autor/a de este blog,a fin de enviaros más información de mi abuelo y su obra.Precisamente antes de su fallecimiento nos encomtrabamos recopilando sus partituras entre las que se encuentran composiciones de gran valor, que han pasado desapercibidas.Le dejo mi correo: fogo50@hotmail.com
ResponderEliminarAtentamente,
Oswaldo Costal Oro.