25 de novembro de 2010

RAÚL GALEGO, O GAITEIRO NUBEIRO

Comparto o meu segundo apelido co amigo Raúl Galego, mais non somos da familia. O que maiormente nos une é a nosa común orixe e infancia en Agolada. Tamén unha relación afectiva que xermolou á par da cultura e da nosa querencia e apoio polos Pendellos e o patrimonio de Agolada.
Antonte, martes 23 de novembro, puiden ver a segunda metade do programa Alalá da TVG e detívenme nel porque alí estaba Raúl Galego (dese programa son os fotogramas das sete primeiras imaxes desta entrada). Deixo AQUÍ ligazón por se alguén quere botarlle unha ollada.
O documental e este extracto da súa biografía achégannos suficientes datos para salientar a súa enorme contribución ao mundo da música de gaita.
O programa da TVG afondou nas súas orixes na vila dos Pendellos, onde Raúl quixo aparecer á beira de Manolo Varela (ao bombo) e cos seus pais. Precisamente do seu pai (Suso das bicicletas) falei aquí na entrada inmediatamente anterior.
Tamén visitaron Friufe, de onde é oriúnda a súa nai.Esta imaxe, que non coñece nin o propio Raúl, tomeina durante un concerto na igrexa do Convento Vello de Melide.
Nestoutra ocasión, no Encontro Irmandiño coas Terras do Galego Estremeiro celebrado en Agolada, Raúl toca para D. Domingo Frades Gaspar e D. Avelino Pousa Antelo.
Actuación de Raúl Galego, durante o III Encontro nos Pendellos.
Raúl Galego e Manolo Varela na Festa dos Premios Esquío celebrada nos Pendellos de Agolada, con motivo das Vodas de Prata destes premios.
Pola miña parte, ademais de dedicarlle esta entrada, quero expresarlle o meu recoñecemento á súa traxectoria musical e que admiro a súa alegría, dinamismo, compromiso e entrega desinteresada.
Vaia con Raúl unha obrigada aperta.

2 comentarios:

  1. ver a raúl nesa foto de mociño (co seu pelo todo negro!] :)
    enterarme de que fixo unha gaita con bolígrafos
    e que tocou nunha telesilla no aire... "non ten prezo!".

    Vin o programa da tele enteiriño, coñezo a raúl hai moitos anos, e sempre o recordo recollendo documentación e investigando. Que trasno nubeiro, este gaiteiro!!!

    Biquiños para Raúl (de Paz)

    Moitas grazas por esta entrada, foi unha sorpresa moi agradable ver este homenaxe a un home que vive e sinte como gaiteiro (non somentes coma alguén que toca a gaita)

    ResponderEliminar
  2. Ti dis:"O que maiormente nos une é a nosa común orixe e infancia en Agolada"; e eu digo: é algo máis o amor a vosa terra e a Galicia, así o penso e vos felicito.
    Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar