Cómpre salientar e agradecer a dispoñibilidade e facilidades dispensadas en todo momento por Adolfo Sarandeses Pallares, falecido hai pouco anos, e recentemente pola súa sobriña Candita, para que esta ara poida ser patrimonio do pobo de Agolada. Quede aquí expresado o afecto e o agradecemento que lles debemos.
Nese afán de restaurar os elementos esenciais dun pasado recente que iamos perdendo, a xestión do Sr. Alcalde de Agolada permitiu a recuperación da campá que fora da Capela. Esta foi cedida pola parroquia de Agolada, onde xacía almacenada e rota. Unha elemental restauración volveu darlle o corpo, que non o son nin o badalo.
A situación da campá sobre o muro parece ser que foi decisión sopesada despois de estudar tres posibles colocacións. Pasado e vangarda, para min ben conxugados.
Pendello de instalacións centralizadas, mobiliario para os comedores, para a casa-museo e para a Capela. Contras acristaladas tras os barrotes da capela, son outros elementos que completan esta segunda fase.
Pendello de instalacións centralizadas, mobiliario para os comedores, para a casa-museo e para a Capela. Contras acristaladas tras os barrotes da capela, son outros elementos que completan esta segunda fase.
Que fermoso é ver como un pobo reconstrúe o seu pasado, é unha homenaxe aos antergos e un regalo para nos e os futuros.
ResponderEliminarDesde o Pico Sacro
Podedes sentir fachenda polo traballo que ides vendo como vai collendo corpo.
ResponderEliminarApertas
Nunca pensei ver esas duas piezas en un entorno tal...
ResponderEliminarFidel.
É importante que o pobo recupere a súa tradición, e como neste caso, que aínda está viva na memoria de moita xente.
ResponderEliminar