A recuperada capela das Virtudes, un deses edificios con pasado relixioso e presente civil, estreou hai uns meses a cristaleira da fachada. Unha mellora necesaria e que para nada desvirtúa o seu estado primixenio. Trátase dunha cristaleira de quita e pon cuns simples pasadores que permiten desmontar por tramos uns marcos metálicos que soportan os vidros. Sei das reticencias de Patrimonio para colocalas, pois estas capelas naceron para estaren hiperventiladas e secaren as humidades das invernías. Outra finalidade dos barrotes da fachada era a de permitir a asistencia aos oficios litúrxicos desde o exterior cando a concorrencia superaba o aforo da ermida. Pero había que procurar unha solución para poder acoller actos en días de frío e vento e evitar a entrada dos paxaros. Con este arranxo queda, pois, solucionada a disxuntiva.
O día en que ese Museo das Feiras poida ser realidade, gustaríame que a persoa que o custodia na actualidade tivese a ben cedelo para pública exhibición neste espazo. O pobo de Agolada debería agradecerllo co pertinente recoñecemento. Namentres, está moi ben onde está.
Boa obra a da capela das Virtudes, a marxe do uso que se lle queira dar o que está claro que é, un templo a memoria. Pero o peto ten un mérito enorme, posiblemente tiña a dobre capacidade recadatoria, en nome do Santísimo e da Virxe do Carme, con entradas independentes dos cartos, non sei se logo se xuntaban dentro, porque o recadador case sempre era o mesmo. Desde O Pico Sacro.
ResponderEliminar