4 de marzo de 2011

SENTIMENTOS ENCONTRADOS

Tristeza, pena, carraxe... ao ver o vandalismo inútil cebándose nos mostradores de dous pendellos-expositores. Satisfacción... ao observar como avanza a obra pública executada pola Consellería de Cultura e a Deputación. Alegría inesperada... ao saber que tamén a iniciativa privada se suma á restauración de edificios no medio dos Pendellos. Esta casa de Licerio e os expositores anexos estaban pedindo desesperadamente este arranxo. Agora, que a Administración corresponda devolvéndolle ao Paseo da Parranda o nivel e a fisionomía orixinal.

Colaboración... nun programa de VTelevisión no que se recolle a entrañable Casa do Sidorio de Ventosa.
Culminación... do catálogo de cruceiros de Agolada. Sorprendentemente, o cruceiro que figura na seguinte imaxe faltaba do meu catálogo de cruceiros do concello aqualatense, a pesar de que pasei ducias de veces a carón del. Iso explícase porque unha árbore ocultábamo á mirada por facer sempre o camiño na mesma dirección. A primeira vez que fixen o camiño á inversa, os ollos axiña deron nel e a mirada foi de abraio e de alegría. Velaquí o teño, traído desde o camiño que une A Aldea do Monte (Ventosa) con Vilaravide. Aínda non sei se recibe algunha denominación e o porqué da súa colocación. Queda pendente esta información.
Isto deu de si a tarde de hoxe, venres de entroido, cando as máscaras aledan e colorean as rúas do país.

6 comentarios:

  1. Pois aínda deu de sí!
    [agora unhas filloíñas... eh? ;-)

    ResponderEliminar
  2. Tristeza, pena, carraxe... ao ver o vandalismo inútil cebándose nos mostradores de dous pendellos-expositores.
    Que verdad, con la cantidad de sitios que hay para descargar la tension díaria...

    Eun nacín nos pendellos, vexo como unha agresion a miña casa.

    Fidel

    ResponderEliminar
  3. Penso que foi construído despois da morte dun veciño da Aldea do Monte da "Casa do Rato" embestido na súa propia finca por uns bois

    ResponderEliminar
  4. Paréceme algo indecente que tratemos os pendellos como se denuncia nas fotos.É un sinal de miseria moral.Si o pouco que temos o estragamos,podemos mirar pro que nos queda.

    Gonzalo Trabancas

    ResponderEliminar
  5. O novo cruceiro... unha boa proba de cómo só é necesario un 'cambio de mirada' para descubrir cousas novas... Aplícome o conto.

    ResponderEliminar
  6. Comparto a túa tristura e a túa carraxe polo vandalismo, sempre inexplicable. Algo estamos facendo mal nesta sociedade cando segue a haber esa falta de respecto polo alleo. Debemos insistir nos fillos, e moito, para que respecten, tanto as cousas como as persoas.

    Parabéns polo achádego do cruceiro e por mostrárnolo. Que Deus che conserve a vista e ese saber ver!

    ResponderEliminar