Velaquí dezasete retratos únicos. Os pés de foto son do propio autor das imaxes.
INDIVIDUAISIrene de Laparte de Friufe, con traxe de galega.
María Socorro, cando aínda estaba solteira, pediume que lle fixese una foto para enviarlla ao seu noivo, que logo sería o seu marido e pai dos seus fillos. Tiña moito interese en saír ben, por iso puxo as súas mellores galas, incluído o cinto de charol que molaba moito naquela época e así posou para a posteridade diante da súa casa. Tiven o pracer de saudala na última visita a Friufe.
Dina, veciña da Vilagrande.
Julia de Ramón, de Friufe. Logo emigrou ao País Vasco.
Dina de Friufe, que traballaba na casa de Coego.
Calquera momento era/é bo para acariñar e prestar atención aos cans.
EN PARELLAS:
Só pola cara de entusiasmo destes chavales, xa foi un pracer facer a foto.
Lola de Mourelle e Dina de Coego, ambas as dúas da Vilagrande.Dúas mozas de Carral (Santa Comba).
DE TRES EN TRES:
Tres veciñas de Friufe que deixaron constancia do seu bo humor. Isabel de Ferreiro no medio das irmás Lola e Áurea de Ferrancheiro.
Eduardo Diéguez cos seus pais, José María e Encarnación. É algo máis xoven ca min e librouse de marchar polo mundo por ser fillo único. Hoxe é a continuación da Casa de Diéguez, e ademais desa ocupación vela polos intereses da deshabitada Casa de Faílde. A el debémoslle que cando retornamos no verán e noutras datas sinaladas, encontremos todo en orde, mesmo unhas excelentes leitugas na horta, coma cando viviamos alí.Antonio de Luís, a súa dona, Alicia e o fillo de ambos. Julia, Irene e Eva, as tres, mozas de Friufe.As mesmas da imaxe anterior.
Irene de Laparte e Eva de Faílde. De pé Pablo de Laparte.
QUINTETO:
Irene de Laparte e Eva de Faílde. De pé Pablo de Laparte.
QUINTETO:
Non lembro os nomes nin sequera o lugar onde fixen a foto. Desde logo era nunha festa porque había unha cesta de rosquillas encima do valado. O verdadeiro valor da imaxe sería coñecer como viviron cada un dos seus protagonistas os cincuenta anos transcorridos.
Son retratos marabillos, o primeiro ten a unha moza cun famoso manto de oito puntas que se puxo de moda nos anos vinte, e só o levaban as máis ricas, o segundo xa é moda dos sesenta o charol fora un bo distintivo sobre todo os zapatos, o de non ter que limpalos foi un avance para as muleres;...librouse de marchar polo mundo por ser fillo único...".
ResponderEliminar..."Aínda que pareza incrible é a única viva do grupo...".
A morte é moi triste, sobre todo cando se morre antes dos 90 anos, pero a maldita emigración, para min, é case que unha morte en vida, ogallá un día ninguén teña que marchar da nosa terra.
Desde O Pico Sacro.
Quedo envolveita na maxia da fotografía. O tempo detido nuns xestos, nunhas expresións.
ResponderEliminarTestigos do vestir, do traballo, do entorno que rodea aos personaxes.
Encantoume esta serie de retratos. [e os pés de foto son insistituíbles tamén]
un saúdo dende A Coruña