7 de abril de 2011

A CASA DO MANCO. VENTOSA. VTELEVISIÓN


V Televisión visitou Ventosa hai un mes para filmar dous programas en senllas tabernas: a do Manco e a do Sidorio, dous espazos que son referentes de sempre na parroquia e na contorna. Desde aquí desexámoslles longa vida a estes bares rurais sen os cales Laxe, Ventosa e Agolada perderían o seu ser. Son unha necesidade social porque neles aínda latexa o pulso vital das aldeas que resisten ante tanto abandono.
O presente vídeo recolle a taberna do Manco, emitido polo programa "De Bares" o pasado mércores día 6 de abril. Proximamente poderemos ver outro programa no que aparecerá a Casa Sidorio de Ventosa (Agolada).

3 comentarios:

  1. Mira tí que non sabía eu o do polbo e a hormigonera!

    Na polbeira de Melide me parece que estiven,pero nas outras non... claro que todo ten remedio!
    :-)

    ResponderEliminar
  2. Desde o Carballiño ata Vilalba pasando pola Agolada e Melide é o espiñazo do bo comer e beber da nosa Terra, menos en Ventosa, a onde non tardarei en ir, xa estiven degustando en todos os sitios do vídeo.
    Desde O Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  3. O da hormigonera fai moitos, moitos anos que usase na Casa Curros de Melide.

    ResponderEliminar