Aquel mozo holandés que chegara a Agolada no verán de 1977, Ton van Vliet, co seu amigo Jeroën, traía a súa xuventude e a súa cámara para aprender e gravar indeleblemente todo o que a Galicia rural de entón lle ofrecía de singular. Holanda e Galicia, distantes e diferentes, occidentais si, europeas tamén, pero con costumes e desenrolos tan dispares como para sorprender e captar a atención de Ton en elementos que a nós nos resultaban intranscendentes por cotiáns.
A relixiosidade do pobo e as súas manifestacións externas constrastaban claramente coa Holanda de Ton, onde predominaba o protestantismo e unha sociedade máis laicista e menos asidua aos actos relixiosos. Estas imaxes confirman a súa sensibilidade para certificar con intención sociolóxica unha das carcaterísticas da Galicia rural daquela época e que tanto leva mudado nos anos transcorridos desde aquela.
FESTA DA NOSA SEÑORA EN VILARIÑO
O comedor da casa (foto superior) co cadro do Sagrado Corazón e o crucifixo colgando del, xunto co ramalliño de oliveira bendicido no Domingo de Ramos presiden o comedor-salón con outros elementos característicos como o televisor e o calendario.
A festa da Santa María en Vilariño, os retablos, a tribuna a onde soben os homes...
O recollemento das feligresas, a señora do pano de flores na cabeza, a serenidade da neniña sentada no banco ben seguro que captaron o interese do fotógrafo holandés... A procesión cos santos sobre andas, arredor da igrexa, coa banda de música interpretando acordes solemnes e repousados. As campás repicando. Os petrucios co pucha na man e o paso marcial... No remate da misa solemne, sesión de fogos de artificio e conversas alegres no adro... Antón Torreiro, Miro Galego, Abel Coego, José Antonio Vázquez, José Antonio Sucasas, Manuel Dobarro, Jaime Varela... son algunhas das persoas que recoñezo na imaxe:
FESTA DO FARO DE VENTOSA EN HONOR A MARÍA AUXILIADORA:
En Ventosa Ton observa o momento e a espontaneidade do petitorio monetario, envolto entre o mantón da Virxe e a solemnidade da procesión.
Nesta aldea a procesión excede o adro e alóngase algúns centenares de metros para acadar o campo da festa onde torna rodeando o cruceiro pétreo que nuclea o torreiro de carballos. AS ERMITAS DE CADRÓN (LALÍN)Procesión no adro e retrato de Primeira Comuñón dunha nena... A imaxe da Virxe coroada coas andas baixas para retornar á igrexa. A mirada recolecta dos porteadores...
Estas fotos representan o acontecer en milleiros de sitios de Galicia, eu así o vivín e centos de sitios e centos de veces. Nos pendellos debería terse un museo con todo o que representa a historia de Agolada.
ResponderEliminarDesde O Pico Sacro
Casi seguro la niña de Cadron a sua primera communion es Christina Sucasas Fernandez, con sus padres. Así me recuerdolo.....(desculpe mi Español)Ton van Vliet
ResponderEliminarFermosas fotos. Ata semellan fotogramas dunha película.
ResponderEliminarGrazas Manolo por voltar con estas cousas e con tantos recordos. Creo que no 77 seguro que no 15 de agosto ed Vilariño lera eu as lecturas. Unha aperta dende Londres
ResponderEliminar