Como desdepedida deste ano 2014 quero deixar aos lectores que por aquí pasan o Pregón das Festas de San Pedro 2014 en Agolada. É unha promesa que lle fixen a un amigo que non puido estar presente durante a lectura deste pregón na Praza do Concello de Agolada e que me expresou o seu pesar por tal circunstancia.
Cóubome a min a honra de ser o primeiro pregoeiro das Festas Patronais de Agolada. Debo confesar que cando recibín unha chamada telefónica no meu domicilio facéndome a petición de pronunciar a apertura das festas de Agolada, quedei algo desorientado e indeciso. Por un lado era consciente de que era un honor que me estaban a conceder e por outra banda non acababa de enxergar cales eran os meus méritos para recibir tal proposta. Dubidei durante uns días. O que me retraía era o intento de fuxir da notoriedade e do protagonismo nunca buscado. O que me animou foi pensar que non aceptar era un desaire a quen confiara en min inicialmente.
Grazas desde aquí de novo á Comisión de Festas, especialmente a Alfonso García Cumplido e ao alcalde de Agolada, Ramiro Varela Peón, polas verbas de recoñecemento e polo obsequio dunha fermosa peza de cerámica cos Pendellos como "buque insignia".
Ledicias e acougos para o 2015, compañeiro.
ResponderEliminarAquí desde Sober mando
ResponderEliminarunha curta parrafada:
un feliz dous mil quince,
paz e saúde na casa
para o señor pregoeiro,
Manuel Busto D'Agolada.
Parabens Manolo polo teu entrañable pregón na honra do San Pedro
ResponderEliminarPoñerte de pregoeiro foi un acerto. Non creo que haxa xente tan coñecedora de Agolada coma ti.
ResponderEliminar