Mañá 3 de xullo comezan tres días grandes para Agolada. Os Pendellos volven acoller o Corazón da Artesanía. Un evento de luxo organizado pola Consellería de Industria e Turismo e a Asociación Galega de Artesáns. Non é unha mostra calquera, das moitas que se poden ver por toda Galicia. Aquí xúntanse moitos factores que a elevan por enriba: artesanía, talleres en vivo, conferencias, coloquios, obradoiros, gastronomía, degustacións, música e o escenario dos Pendellos de Agolada, conxunto histórico- artístico, que serve de perfecto decorado para resaltar os múltiples valores dos produtos aquí expostos.
Este ano Os Pendellos volven rexurdir coa restauración doutros espazos recuperados para acoller a esa cincuentena longa de artesáns que mañá poboarán este ancestral recinto, como antano o fixeran os innúmeros feirantes da Galicia interior.As imaxes aquí expostas corresponden a distintos momentos desta 4ª fase de restauración. Mañá estaremos alí para gozar da mellor artesanía e destes espazos definitivamente recuperados para unha nova vida.
Recollo este fragmento de prensa con declaracións do alcalde Ramiro Varela referidas aos Pendellos e a esta Mostra de Artesanía:
Los pequeños ayuntamientos "desaparecerán" sin iniciativas.
Este lugar es "un marco incomparable", como lo ha definido el alcalde de Agolada, Ramiro Varela, quien ha señalado que esta feria repercute "mucho" a nivel económico y en el comercio de la localidad, ya que "desgraciadamente en los ayuntamientos pequeñitos, si no lo remedian con alguna cosa de estas, la desaparición no va a estar muy lejos".
Al respecto, el regidor ha apuntado que en Agolada "hay muy pocas empresas" y "algunas que había cerraron", por lo que ha agradecido el apoyo de la Xunta para esta propuesta que cree "un orgullo" para el municipio.
Este pendello é unha solución arquitectónica concibida polo equipo de arquitectos que levan a cabo este proceso restaurador nos Pendellos de Agolada. Polo pragmatismo, pola estética e polo enxeño merecen toda a miña admiración e aprobación.Os de Agolada temos que ser conscientes da importancia deste recinto e da repercusión económica, social e mediática desta Mostra que nos regalou a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Artesáns. E creo que tamén debemos agradecer a implicación da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Cultura na restauración deste antigo mercado. Impresionante a implicación da Deputación e a ilusión con que acometeu este proxecto. Só un pero, darlle máis uso ao longo de todo ano. Esa asignatura haberá que "recuperala en setembro" (enténdase o símil académico). Confiemos en que os novos rexedores da Deputación culminen esta obra incompleta.
Como evidencia desa repercusión mediática quedan aquí varias ligazóns con moita información e o programa de actos destes tres días:
LA VOZ DE GALICIA
A VOZ DE GALICIA
FARO DE VIGO
FUNDACIÓN CENTRO GALEGO DA ARTESANÍA
GALICIA DIXITAL
ASOCIACION GALEGA DE DESEÑADORES
BEN BO (GASTRONOMÍA ATLÁNTICA)
EL CORREO GALLEGO
NOTICIEIRO GALEGO
A VAIRA. CONSERVAS
SILVANA NAVARRO
LA ALACENA ROJA
GALICIA DE MODA
GALICIA EN EL MUNDO
FUNDESARTE
OBRADOIRUM
CULTURA DE GALICIA
EL SABOR DE LO DULCE
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario