13 de setembro de 2015

ACCIÓN GALEGA EN APOIO AO SECTOR LEITEIRO

Permítaseme a ousadía de recrear un poema do insigne poeta cambadés Ramón Cabanillas Enríquez para amosar o meu apoio á digna causa dun agro galego no que o traballo, esforzado sempre, permita vivir con dignidade aos labregos e invite á xente nova que así o queira a seguir habitando o rural para beneficio de toda a sociedade. Por un xustiprezo para o leite e os produtos do agro, que non  quede a mellor parte no intermediario.
Ocorréuseme  que para este cometido podía valer un poema moi coñecido de Cabanillas, pero conviña adaptalo á situación presente. Trátase do poema titulado ACCIÓN GALLEGA, pertence ao libro Da terra asoballada (1917). Trátase dun himno de loita, escrito para a asociación agraria que fundara o crego Basilio Álvarez en 1910. Nel aléntase aos labregos de Galicia a rebelarse contra as estruturas sociais inxustas, como os foros e o caciquismo, que os mantiñan nunha situación de explotación e pobreza. Pasou case un século e a situación aínda non acabou de remediarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario