26 de xuño de 2017

OS PENDELLOS: UN ESCENARIO PARA TANTA ACTIVIDADE

Chegado o final de xuño Agolada inicia un período de especial revitalización. A vila que durante meses respira aletargada, cobra de repente un ritmo e actividade trepidantes: festas  patronais, Encontro de Artesanía Tradicional, Campamento musical, Cursos de percusión, Mostra de Artesanía de agosto...
A maioría destes eventos teñen como escenario Os Pendellos. Este espazo é a gran esperanza para esta vila e o gran revulsivo fronte á inanición demográfica. Pero cómpre tirarlle máis proveito, sempre con moita imaxinación e dedicación.
Os vindeiros días veremos milleiros de persoas concentrarse aquí convocadas pola artesanía, os múltiples cursos, degustacións, talleres... todo enmarcado nesta arquitectura engaiolante por popular, por sinxela e por antiga.
(A imaxe  foi obtida da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño).

Ningún comentario:

Publicar un comentario