9 de xullo de 2017

A CAPELA DAS VIRTUDES NO VI CORAZÓN DA ARTESANÍA

Hoxe, terceiro día do Corazón da Artesanía (VI edición), puiden achegarme a ver a magnitude e coidado deste encontro de artesáns (case se puidera dicir que é un congreso  onde os artesáns  se esmeran por compatibilizar tradición e innovación). A visita sempre se torna agradable e sorprendente. Diálogo cos artesáns e cos veciños. Coincidencia de pareceres. Excelencia do evento. Alegría pola ampla afluencia de visitantes. Tres días nos que Agolada recobra a vida das feiras de antano. Algúns lamentos: a case nula implicación local na organización e potenciación do evento ("que fagan outros, que total a min non me afecta". CRASO ERRO!), a insuficiente estrutura da hostelería da vila... Dito todo isto co ánimo de conquerir melloras para o futuro. Se un día a Consellería decidira suprimir este encontro, haberemos de doernos longamente.
 Visitei case toda a Mostra e encontrei varios recantos que me engaiolaron, principalmente a Capela das Virtudes, reconvertida nesta ocasión en taller obradoiro de Sombreirería. Ambiente animado, moito orde e un retablo laico sobre o antigo altar, tralo que se adiviña moita cabeza.
 Ollei o chan enmoquetado e a asepsia conseguida fronte a terra batida do pavimento. Asunto a considerar para vindeiras actuacións sobre o pavimento dos interiores dos pendellos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario