6 de marzo de 2018

O CASTELO DE PAMBRE

 Os que coñecen este blog saben que aquí se abordan principalmente aqueles temas que versan sobre Agolada. Pero iso non é impedimento para tratar de vez en cando sobre asuntos colaterais ou simplemente distintos. Hoxe tocoulle ao fermoso e coñecido castelo de Pambre, situado nas veciñas terras de Palas de Rei, a escasa distancia da parroquia agoladesa de Ramil.
Pero o que motiva esta entrada son as dúas imaxes inéditas que hoxe ofrecemos e que ademais certifican o interese que Manuel Galego Iglesias, veciño de Agolada e fotógrafo de afección, tiña polo patrimonio; interese  tamén demostrado nos numerosos estudos e artigos que publicara na prensa.
As fotografías son dos primeiros anos 60 e veñen a incrementar ese inxente arquivo de imaxes do castelo de Pambre. En calquera caso, os que apreciamos a historia antiga e recente, valoramos as fotografías como auténticos documentos que falan da situación do momento e que en conxunto expoñen a evolución ao longo do tempo dun monumento tan senlleiro. Quizais unha imaxe actual axude a compoñer un elocuente contraste.
P. S. Permitídime dedicar esta entrada de Pambre ao amigo "Cuco de Ídem".

Ningún comentario:

Publicar un comentario