As fotografías desta entrada e a importante entrevista que onte publicou EL PAÍS SEMANAL posúen algo en común. As imaxes corresponden a unha entrañable aldea aqualatense que se estriba nos lombos graníticos do Farelo. Este casal é o vínculo que nos xungue coa científica entrevistada. Aquí naceu para a vida. Desde entón leva consigo a impronta rexa dos habitantes do lugar e a luz diáfana que nace tras o Coto Caldeiro. Tamén a forza e a decisión que cómpren para persistir na loita contra os avatares da vida e para afondar no coñecemento dos xenes que mutan en temibles melanomas.
Desde Agolada seguimos atentamente a súa traxectoria científica, admiramos o seu tesón e saber e aledámonos do orgullo que sempre amosa das súas orixes. Expresámoslle o noso recoñecemento e desexámoslle todos os éxitos na súa empresa.
(As imaxes desta reportaxe datan do 11 de agosto de 2017).
Ningún comentario:
Publicar un comentario