15 de xaneiro de 2008

SEGADOR













O tempo tiña reloxos de paciencia
na época das seituras e as gadañas.
Sen cavilacións transcendentes
que superasen o cotián.

A pedra deixaba o corno
para entoar unha pandeirada
repicada sobre o gume
metálico no prado.

Herba, home e gadaña,
sobre o a lentura do chan
danzan un vals pendular
entre os cómaros e a braña.
Fotos de Ton von Vliet, feitas en Agolada en 1979. Javier Barrio segaba herba para o seu vello cabalo.

7 comentarios:

  1. Ata os anos oitenta en Sober case toda a herba se segaba coa gadaña. Na miña casa da aldea aínda quedan algunhas, todas cheas de ferruxe, por certo.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume ben o texto, sí señor.
    Gadañar con tempero era todo un arte, con eses cimbreos de cintura que acompasaban o son do corte limpo e ó rente da gadaña ben cravuñada.

    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Digo o mesmo ca "chousa": o texto é precioso.
    Que é o autor?

    ResponderEliminar
  4. A idea do vals e un acerto, segun eu o vexo. Sempre me pasmou mirar cortar herba ca gadaña... parece tan limpo e sinxelo, e coma danzar, tes razón.
    Unha vez tenteino e espeteille a punta, ó segundo intento desapareceron ben lonxe os que estaban a miña beira, e fixeron ben, porque a gadaña saiu por os aires.
    A miña admiración ainda medrou mais.
    Xa non deben quedar moitos que dominen esa arte.

    ResponderEliminar