O tempo tiña reloxos de paciencia na época das seituras e as gadañas. Sen cavilacións transcendentes que superasen o cotián.
A pedra deixaba o corno para entoar unha pandeirada repicada sobre o gume metálico no prado.
Herba, home e gadaña, sobre o a lentura do chan danzan un vals pendular entre os cómaros e a braña. Fotos de Ton von Vliet, feitas en Agolada en 1979. Javier Barrio segaba herba para o seu vello cabalo.
Gustoume ben o texto, sí señor. Gadañar con tempero era todo un arte, con eses cimbreos de cintura que acompasaban o son do corte limpo e ó rente da gadaña ben cravuñada.
A idea do vals e un acerto, segun eu o vexo. Sempre me pasmou mirar cortar herba ca gadaña... parece tan limpo e sinxelo, e coma danzar, tes razón. Unha vez tenteino e espeteille a punta, ó segundo intento desapareceron ben lonxe os que estaban a miña beira, e fixeron ben, porque a gadaña saiu por os aires. A miña admiración ainda medrou mais. Xa non deben quedar moitos que dominen esa arte.
Ata os anos oitenta en Sober case toda a herba se segaba coa gadaña. Na miña casa da aldea aínda quedan algunhas, todas cheas de ferruxe, por certo.
ResponderEliminarTodo un arte.soyio
ResponderEliminarGustoume ben o texto, sí señor.
ResponderEliminarGadañar con tempero era todo un arte, con eses cimbreos de cintura que acompasaban o son do corte limpo e ó rente da gadaña ben cravuñada.
Apertas
Digo o mesmo ca "chousa": o texto é precioso.
ResponderEliminarQue é o autor?
Suso, o texto é meu. Grazas polas gabanzas.
ResponderEliminarA idea do vals e un acerto, segun eu o vexo. Sempre me pasmou mirar cortar herba ca gadaña... parece tan limpo e sinxelo, e coma danzar, tes razón.
ResponderEliminarUnha vez tenteino e espeteille a punta, ó segundo intento desapareceron ben lonxe os que estaban a miña beira, e fixeron ben, porque a gadaña saiu por os aires.
A miña admiración ainda medrou mais.
Xa non deben quedar moitos que dominen esa arte.
impresionante
ResponderEliminar