15 de xaneiro de 2008

MÁIS MUÍÑOS

Á porta está unha nova campaña electoral e á par dela esa desmesura de publicidade que a rodea. O ano pasado tivemos as municipais e a cartelería chegou ata este muíño situado á beira do Camiño Francés de Santiago, na provincia de Lugo. O partido político que aquí se anuncia elixira por slogan "Faremos máis". A persoa que me acompañaba naquel momento máis eu rimos a graza do cartel e pareceunos moi ben que se animasen a facer máis muíños coma o da foto. Non habían quedar mal no Camiño. E serviríalles para argumentar a súa defensa do patrimonio arquitectónico popular. Tamén comentamos a estratexia da colocación dos carteis, por seren conscientes de que os peregrinos chegan aos albergues moi cansos para poder asistir aos mitins.

3 comentarios:

  1. Atinado o teu ollo. Moitas veces, máis ca a mensaxe, calla a idoneidade do sitio e do momento.
    apertas, compañeiro

    ResponderEliminar
  2. É unha estampa ben entrañable, sí señor. Claro que o que colocou alí o cartel non sei ata que punto reparou na idoneideade do lugar.

    Un saúdo

    ResponderEliminar