16 de xaneiro de 2008

CAMPO DA FEIRA DE O PÁRAMO (LUGO)

O Páramo ten un dos campos de feira máis fermosos e extensos que coñezo. Está ubicado nunha camposa chá poboada de rexos carballos (¿onde un campo de feira sen a presenza de vetustos carballos?) e varias ringleiras de pendellos-expositores.
Hai dous anos visitei este recinto co ánimo de ir catalogando antigos e actuais campos de feira de Galicia, tarefa na que persisto.
Aínda duraban as obras de rehabilitación do recinto, iniciadas anos atrás.
Alí aprendín que para restaurar este tipo de conxuntos cómpre paciencia e cartos de varias administracións. Tamén me quedou claro que a Declaración de Conxunto Histórico-Artístico da que gozan os Pendellos de Agolada pode representar un freo para axilizar esta empresa.
Igualmente puiden reafirmarme na idea de que os Pendellos de Agolada forman un conxunto único, un conglomerado urbanístico excepcional que se tece en rúas, calellas e prazas arredor de pendellos-expositores, pendellos-almacén, pendellos-comedor, capela e vivendas.

5 comentarios:

  1. Este tipo de campo de feira parece típico do centro de Galicia. Corríxeme se me equivoco pero creo que ese sistema de pendellos non os hai fóra desa zona.

    ResponderEliminar
  2. Aínnda qurn non o pediras tes o teu regaliño no meu blogue

    ResponderEliminar
  3. Un concello moi interesante para visitar.
    A verdade é que en Galiza queda tanto por descubrir.
    Témolo paraíso sen saír da casa.
    Un saúdo dende as rías baixas.

    ResponderEliminar
  4. Menos mal que andas polo mundo pra enseñarnolo.

    ResponderEliminar
  5. Gústanme moito as fotos, quedáron moi chulas. Moitos saúdos

    ResponderEliminar