27 de decembro de 2006

O ENCORO DE PORTODEMOUROS

O Arnego e o Ulla, os dous grandes ríos do concello d'Agolada, xuntan as súas augas na parroquia de Brocos. No ano 1962 Fenosa constrúe o encoro de Portodemouros e parte da aldea queda asolagada baixo este mar de interior. É o grande prezo que nos cobran polo progreso eléctrico. Tamén nos deixou paisaxes de indubidable beleza e un lugar para os deportes acuáticos. Non todo ía ser destrución.