Basadre está na ribeira do Ulla. Pódese vadear o río por dúas pontes, unha delas peonil no lugar coñecido como As Canizas.
É terra fértil, de hórreas repletas de millo e lagares que premeron mazás e uvas de moitas colleitas.
Parroquia de antigo, nacida ao abeiro do castro, Eira Vella esquencida e ignorada.
Quedan testemuñas de casas fidalgas: Os Basadre e os Mendoza, casas blasonadas: o convento do Mouriño, casas de amplas solainas que voan sobre ménsulas dobres.
Na foto a igrexa con elementos do barroco rural e o esvelto ciprés sinalándoa na paisaxe. Celébrase aquí con moita tradición a festa da Pascua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario