11 de xaneiro de 2007

O RIO ARNEGO EN GURGUEIRO

Vai facer dous anos que tomei esta imaxe. Naquel momento pendía sobre esta paraxe a ameaza dun encoro para unha minicentral (Lamas I). Afortunadamente, o goberno actual da Xunta freou a depredación dos capitalistas sobre os ríos.
Quería eu aquel día recoller imaxes para no futuro conservar memoria do que fora un paraíso. Vemos aquí o Arnego, moi preto da ínsua dos Cabalos, xunto a unha tosta dun muíño desaparecido. A prata da súa auga aparece vestida coas flores das uces e os toxos. E os carballos, espidos de follas e xeados de liques.

Ningún comentario:

Publicar un comentario