12 de xaneiro de 2007

OS PASARES DA BALSIÑA (FERREIROA)

Entre estas dúas fotos median trinta e pico anos. Recollen os pasadoiros ou pasares do río Ferreiroa, no lugar que se coñece como A Balsiña. Uns bloques prismáticos de pedra asentados no leito do río, alineados e separados uns dos outros á distancia do paso dunha persoa, permiten vadear a corrente de auga. Fun alí por primeira vez en 2004 con Fidel Torreiro Sarandeses, que é o que aparece na foto de color. Por eles pásase desde A Costa ata o muíño de Sarandeses (en Ferreiroa).
A foto en branco e negro ofreceuma xentilmente Luis de Primo do Cura de Ferreiroa. Fíxoa el nos anos 70. Ben se advirte na vexetación que o cobre na actualidade que xa apenas se usa este paso.

1 comentario:

  1. Dende logo que non sabemo-lo que temos, e moito menos o que perdemos de ver, tan cerca da casa e sen saber destes sitios, a miña visión das vacacións cambia cada día xuntandose máis a coñecelo noso concello que descubro dende tan lonxe.

    Naveiro.

    ResponderEliminar