21 de xaneiro de 2007

PETROGLIFOS DE A ERMIDA (BORRAXEIROS)

Agolada ten un importantísimo legado de patrimonio arqueolóxico. O catálogo do que dispón a Consellería de Cultura recolle algo máis de trescentos xacementos. Castros, mámoas, petroglifos, asentamentos romanos, restos visigóticos e medievais...
Preto da aldea de A Ermida, na parroquia de Borraxeiros, nas estribacións do Coteimil están os petroglifos que vos amoso nestas imaxes.
Aquela tardiña que os coñecín, o campo arrecendía a herba e o sol bailaba no horizonte co derradeiro roibén de xuño.
Os petroglifos son gravados nas pedras feitos entre os anos 2500 - 1500 a.C.
Representan círculos concéntricos, labirintos, cazoletas ou coviñas, armas, animais, reticulados, podomorfos...
Supónse que aluden a mapas de estrelas, explicacións de mitos, marcas de fronteiras territoriais, altares ou lugares de antigos ritos pagáns...
En calquera caso, a súa abstracción é un misterio engaiolante.






1 comentario:

  1. a min tamén me fascinan os petroglifos, linguaxe de pedra milenaria, que me traslada a insignificancia do ser humano, ao tempo que o envolve todo e ao misterio da propia vida.

    ResponderEliminar