Na Idade Media, nas terras d'Agolada construíronse seis pontes sobre os dous grandes ríos: Arnego e Ulla, que daban paso aos principais camiños que vertebraban o territorio. Catro pontes sobre o Arnego (dos Cabalos, en Gurgueiro; Vilariño, Carmoega e Toiriz (no fondo de Brántega) e dúas sobre o Ulla (Mourazos, por onde se ascendía cara a Baíña e A Cornella, que comunicaba Arcediago con Berredo).
A Ponte dos Cabalos (na foto) é a única que se mantén en pé, sen apenas reformas e nun estado aceptable. Foi construída no ano 970 segundo rezaba unha inscrición que había nunha das pedras do peitoril. Case todas as pedras do peitoril xacen agora no fondo ou nas beiras do río. Por esta ponte pasaba o camiño real que procedía do Vento, chegaba a Parada e seguía a Ventosa, Aldea do Monte, Santa Cristina de Areas, xa nas terras de Antas de Ulla.
Esta ponte encóntrase a pouco máis dun quilómetro de Laxosa, na parroquia de Gurgueiro. Un cruceiro moi sinxelo marca o inicio da pista que descende á ponte desde a estrada local Gugueiro-Agolada. Ata hai cinco anos conservábase o camiño antigo. Na actualidade foi substituído por outro de máis anchura, pavimentado con zahorra. É certo que permite chegar con máis facilidade á ponte, pero adulterouse unha paraxe con forte recendo medieval que ademais goza dun grande atractivo natural.
Nas proximidades da ponte hai dous muíños de dúas e tres moas respectivamente e unha insua fermosa, enorme no medio dun río tan pequeno. Unha reserva de paz botánica. Aquí vin o único carballo anano que coñezo. Xa volo amosarei en mellor ocasión.
Tanta fermosura dorme no esquecemento e no desprezo. Espero que nunca teñamos que lamentar non ter actuado a tempo sobre este destacado elemento do noso patrimonio cultural. Creo que se debería actuar protexéndoa coa declaración BIC, consolidar a súa plataforma, restaurar o peitoril, conservar o que queda de calzada medieval e prohibir o paso a vehículos de motor, ao menos namentres non se restaure.

Ningún comentario:
Publicar un comentario