27 de xaneiro de 2007

VISITA ÁS ALDEAS DO CAUREL


3 de outubro de 2004
A Asociación Amigos dos Pendellos, invitados pola Asociación Río Lor de Bóveda (Lugo) co seu xerente, Martín Alemparte Vidal, á cabeza e guiados polos arquitectos Xoán Manuel Doce Porto e Dulce María Trigo; xira visita ás aldeas de Penacoba, Ferreiría do Incio, Cortes e Seceda. Estas dúas últimas aldeas do Caurel foran obxecto dunha restauración promovida por Río Lor e realizada polos arquitectos anteriormente citados.

A instancias de Amigos dos Pendellos, acudiron á visita os grupos políticos do concello de Agolada.

Fomos alí coa intención de aprender, de informarnos para saber a qué portas chamar, qué xestións realizar, qué posibilidades tiña o noso proxecto, cómo se restaura e reutiliza a arquitectura popular...saber para qué restaurar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario