24 de febreiro de 2007

A BICI, O MELLOR INVENTO

Temos que conseguir que neste país máis xente se sume a este de-porte trans-porte tan extraordinario, o mellor invento para os británicos segundo reza o pé de foto do texto.
Eu amo a bicicleta porque me leva á natureza e dáme independencia e a liberdade das aguias.
Eu elixín a bicicleta porque me permite vivir en plenitude asucando camiños de vello e carreiros de futuro.
A bicicleta ofréceme retos inéditos cada día e renova a miña autoestima.
Coa bicicleta coñezo as miñas capacidades físicas e comprendo mellor o significado do esforzo e da constancia.
A bicicleta invítame á superación e a venerar os cumios das montañas.
Eu amo a bicicleta e sinto non ter máis tempo para percorrer o mundo dando pedal. Así cheguei aos recantos máis apartados desta Galicia central, que é o referente deste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario