O patrimonio etnográfico dos muíños é, coma no resto de Galicia, especialmente rico. O desuso levounos ao abandono e á ruína. Apenas queda quen os goberne e os manteña en pé. Dos moitos que visitei, poucos están en condicións aceptables. Os tellados caen, as silvas e as hedras prenden nos muros, as presas atoadas, moas rotas ou desaparecidas... Un pobo orgulloso do seu non debe desperdiciar estas primeiras manifestacións da enxeñería hidráulica. Todos os muíños son dignos dunha restauración.
Na foto vense dous pequenos muíños no regueiro que baixa desde o Picolongo. As presas dos muíños quedaron sepultadas no prado.
A carballeira que está no fondo á esquerda oculta o antigo castro que lle dá nome á aldea: Trascastro.
Canta razón levas!!! En cada regueiro do concello hai uns cantos muíños; estaría ben facer un catálogo deles, polo menos dos que poderían ser usados.
ResponderEliminar